Comezou Xuventude na Rúa, no Son, cun obradoiro de graffitis no Scooter Park

18 Xullo 2022

O Concello de Porto do Son compartiu imaxes do inicio de Xuventude na Rúa, que arrincou a semana pasada (o 15 de xullo) da man do grupo artístico e docente Vella Escola, iniciando á rapazada local en intervencións urbanas con graffitis, concretamente no Scooter Park de Porto do Son.

Xuventude na Rúa é un programa de lecer, creatividade, cultura e deporte do Concello. Inclúe actividades gratuítas para mozas e mozos de 13 a 17 anos, a desenvolver durante os meses de xullo e agosto dende o día 15 deste presente mes. Están previstos, amais dos obradoiros de graffiti, talleres de surf, percusión, fotografía e orientación.

Outros artigos

Noia alzou a voz contra a violencia machista

Na mañá deste mércores 25 de novembro, o alumnado dos centros educativos de Noia foi protagonista da lectura do manifesto con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A axenda deste mércores deu comezo ás 11.45 coa lectura da...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...