Entre os días 23 e 25 de xullo celebrarase unha das grandes celebracións gastronómicas da tempada na nosa comarca: a Festa da Xouba de Rianxo. O obxectivo, unha vez máis, será pór en valor este produto coa creación da Marca de Calidade Xouba de Rianxo-pesca Artesanal-arte do Xeito (presentarase o día 23 ás 11.00 horas). A axenda de actividades inclúe demostracións (con Miguel Mosteiro, do Restaurante Gastrolab Arousa no Liceo Marítimo ás 12.30 do día 24; e con Manu Gómez, do Aghro da Corna, ás 12 horas do luns no Liceo Marítimo), degustacións populares e diversas actuacións previstas ao abeiro do Verán Cultural, o programa da área de Cultura do Concello.




