Un curso para desempregados sobre atención sociosanitaria no domicilio chega a Ribeira

28 Outubro 2019

Ribeira acollerá a partir do mes de decembro un curso para desempregados sobre atención sociosanitaria a persoas no domicilio. Esta acción formativa consta dun total de 15 prazas e celebrarase do 9 de decembro ao 10 de xuño nas aulas da rúa Cristóbal Colón, constando dun total de 618 horas lectivas, 120 das cales son prácticas nalgunha empresa, entidade ou concello da contorna.

Ademais de estar en situación de busca de emprego, para realizar a acción cómpre posuír o título da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou equivalente. Aquelas persoas que superen o curso recibirán un certificado de profesionalidade nivel II.

Os interesados poden dirixirse á Oficina de Desenvolvemento Local situada na área de Atención Cidadá, no andar baixo do Consistorio.

A formación está organizada polo Concello ribeirense en colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.