Chegha a LXXIV singradura da Festa da Dorna
A Festa da Dorna iniciou este sábado 16 de xullo a súa LXXIV sinjladura coincidindo co Día do Carmen e rematará o 30 de xullo coa Baile de Jala. Previamente e de xeito complementario, o Museo Municipal de Ribeira acolleu a presentación dos trofeos para estes festexos, uns premios elaborados de xeito artesanal polos artistas Ruth González e José Manuel Riveiro, a través do seu colectivo Sonagasallo (as pezas estarán expostas no Museo Municipal de Ribeira ata o día 23). Os días grandes serán o sábado 16 co Juateque Dorneiro a partir das 23.09 horas e o V MetalFest Dorneiro no Chiringuito Pedra Pateira; o domingo 17 co XXXI Jran Prix de Carrilanas (a partir das 20.00 horas) e o concerto de Tanxugueiras (ás 23.58); o xoves 21, co XXXI Jran Premio Ícaro de Voo sen Motor a partir das 20.36, o LXXIV Exame de Patróns (ás 21.54) e o Rockandorna con Monolious Dop (ás 00.42); o venres 22, co XXXI Sertame Itinerante de Cansión de Tasca (ás 21.29), o sábado 23, cos XXX Xojos de Terra en Coroso; e o domingo 24, coa XXXII Rejata de Embarcasións Feitas a Machada (con saída ás 12.00 da explanada do porto e conclusión, dúas horas máis tarde, na praia de Coroso), coa Romaría Dorneira en Coroso, co Rockandorna de Batea (ás 16.38 con The Rapants), co Top Secret (a partir das 20.00) e o Rockandorna nocturno con Kumpaina Algazarra e La Regadera. O sábado 30 celebrarase o Baile de Jala no Baiuca.
Esta LXXIV edición presentou hai uns días o seu “Cartelaso” desta sinjladura!! da que xa informamos en “obarbanza.gal”.




