
Unha persoa foi sacada do mar en Corrubedo despois de sufrir unha indisposición. Os feitos sucederon na Praia de Ladeira e ata o lugar acudiu o médico e a enfermeira de Corrubedo que tiveron que desprazarse no seu propio vehículo e que se encargou de dirixir as tarefas de reanimación. Posteriormente chegou un helicóptero medicalizado para atender á persoa. A rápida intervención do equipo médico salvou á persoa de Bilbao de 32 anos de idade.
Tamén acudiu ao areal unha ambulancia do 061, unha patrulla da Policía Local de Ribeira, persoal do GAEM de Ribeira, así como o helicóptero medicalizado do Sergas con base en Santiago, cuxa chegada obrigou a despexar a entrada ao areal.
Foron varios particulares os que deron conta ao 112 Galicia desta situación. Segundo indicaban, acababan de sacar do mar a unha persoa que sufrira unha indisposición e solicitaban asistencia médica.
Acto seguido, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local e Nacional, do GAEM de Ribeira e de Protección Civil.




