Un percorrido costeiro polo interior da ría de Arousa trazará o rumbo da frota da XVI Regata Gadis

15 Xullo 2022

Juan Caballero-. A XVI Regata Gadis, que organiza o Club Náutico Deportivo de Ribeira este sábado 16 de xullo, será puntuábel para o Circuíto 50ª Aniversario da entidade náutica ribeirense, que este ano 2022 cumpre o seu primeiro medio de século de vida formando parte da vida social e deportiva do municipio.

O comité da regata baralla até 18 percorridos alternativos polo interior da ría de Arousa, elixindo, en función das condicións meteorolóxicas e do estado da mar, o máis axeitado para trazar un rumbo costeiro.

En palabras do comodoro do club de Ribeira, José Luis Lomba, na presentación da Regata Gadis, con toda probabilidade realizarase o numeral 3, un dos seus favoritos, con saída nas inmediacións do porto deportivo, Boia de Desmarque (se é necesaria), Sinal do Castro por Babor, Baixo de Esqueiros por Babor, Illa de Rúa por Babor, Baliza do Ter por Babor e Chegada a Ribeira, tamén na bocana do club, cunha lonxitude de 12 millas (un 20 km). No caso de que as condicións non fosen favorábeis, o comité elixirá outro trazado máis curto, dunhas 8 millas (un 12 Km) e que podería ser o numeral 5 con saída desde Ribeira, Boia de Desmarque (se tamén fose necesaria), Illa de Rúa por Babor, Boia do Ter por Babor e chegada, en Ribeira.

Todas estas decisións tomaranse na reunión de patróns que o comité programou para este sábado ás 12.30 horas da mañá, xa que a saída está prevista ás dúas da tarde, sendo a entrega de premios ás 19.00 horas, acto que se desenvolverá no salón de actos do Club Náutico e Deportivo de Ribeira.

O Ro Yacht Club do Mariña Combarro, o Club Náutico Arousa Norte, o Club Náutico San Telmo, o Club Náutico de Beluso, o Club Náutico de Rianxo ou o Club Náutico de Vilagarcía, xunto ao anfitrión, o Club Náutico e Deportivo de Ribeira, serán algunhas das entidades deportivas representadas nesta XVI Regata Gadis, coa confirmación da presenza dalgúns dos podios das últimas regatas organizadas polo Náutico, como poden ser o Cámping Ría de Arousa, de José Manuel Pombar; o Arousa VI, de José Luís Torres Colomer; o Ziralla Primero, de Ramón Barreiro; o Orlando, de Gerardo Sánchez-Brunete; ou o Chispetrén, de Jesús Iglesias, entre outros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.