Manuel Ruiz designa catro secretarías na executiva do Partido Popular de Ribeira

15 Xullo 2022

Manuel Ruiz Rivas, elixido este xoves 14 de xullo presidente do Partido Popular de Ribeira no Congreso Extraordinario, vén de nomear dentro da súa executiva catro secretarías.

Así, María José Sampedro Fernández será a secretaria xeral; Elvira Pisos Arnoso, secretaria de organización. A secretaría de formación e participación estará ocupada por María José Carreira García; en tanto que Ana Barreiro Rego ostentará o cargo de secretaria de acción parroquial.

Estas catro mulleres conformarán a nivel orgánico o núcleo duro de Manuel Ruiz na misión de recuperar a maioría absoluta nas eleccións municipais de maio de 2023.

Fontes do PP local destacan que Ruiz Rivas foi nomeado presidente co 100 % dos votos que se depositaron este xoves 14 nas urnas no Liceo Marítimo de Ribeira, acudindo o 99% dos militantes que tiñan dereito a participar no sufraxio.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...