Cabo de Cruz festexou a inauguración da nova sede do seu Club de Remo

13 Xullo 2022

O Concello de Boiro inaugurou na tarde deste 13 de xullo o novo inmóbel do Club de Remo de Cabo de Cruz. Fíxoo nun concorrido acto institucional no que interviron o alcalde, José Ramón Romero, a concelleira de Deportes, Dores Torrado, o presidente do Club de Remo, Daniel Vázquez e os membros do club Sara Tubío e Sergio Santamaría.

A inauguración comezou coa actuación das Pandereteiras Lumieira, que fixeron a introdución antes de pasar á parte institucional. A concelleira de deportes, Dores Torrado, foi a encargada de conducir o acto e deu paso aos integrantes do Club, Sara e Sergio, que falaron da súa experiencia co remo. O presidente, Daniel Vázquez, tivo unhas palabras de agradecemento ao esforzo de todas as persoas que fixeron posíbel a construción desta nova sede e “que día a día traballan para que o Club de Remo de Cabo leve o nome do pobo e acade éxitos en todas as competicións nas que participa”, dixo.

O alcalde explicou que “tanto este edificio como o propio Club de Remo son o resultado dunha historia de traballo e esforzo conxunto entre as administracións e a veciñanza”. Así o recoñeceu o rexedor, José Ramón Romero, engadindo que “as administracións temos a obriga de apoiar e promover o deporte e en Boiro temos a sorte de contar con deportistas de gran nivel como é no caso do remo”.

Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre foron o prato estrela da xornada, que rematou coa actuación do grupo The Cuncas e unha gran paellada na que se repartiron 250 racións de paella xunto con mexillóns e empanada.

O Concello de Boiro comezou as obras para a execución das novas instalacións do Club de Remo, que ascenden a un investimento de 1.300.000 euros e que contan con ximnasio, foxo para adestrar en inverno, salas de formación e espazo de almacenamento para as traíñas e demais material deportivo.

As obras comezaron en setembro do ano 2019 e o proxecto inicial sufriu diversas modificacións “co obxectivo de adaptar a instalación ás necesidades dos remeiros e remeiras”. Entre os cambios que se tiveron que levar a cabo no proxecto inicial está o redeseño do foxo, para axustar as bancadas ás condicións reais de traíña, ou a reestruturación dos espazos interiores acordados entre o Club de Remo e o Concello de Boiro.

A obra final completouse coa dotación de mobiliario para equipar o interior con todo o material deportivo necesario para a práctica do remo, entre o que se atopa o equipamento específico para os vestiarios, con bancos e armarios para as e os deportistas; o equipamento para as oficinas e a aula de formación da instalación, con mobiliario, mesas e cadeiras; e tamén o mobiliario específico deportivo para o foxo de remo e para o ximnasio da instalación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.