
Estonia, Lituania, Letonia e España (Córdoba) están a participar no municipio ribeirense nun proxecto da Xunta de Galicia coordinado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
denominada ‘Xacobeando’.
Trátase dunha iniciativa que ten como obxecto desenvolver, co gallo da celebración do Ano Santo Xacobeo, un traballo en equipo orientado a reforzar o concepto de solidariedade nos camiños de
Santiago, ademais de dar visibilidade ao Corpo Europeo de Solidariedade e aos proxectos de voluntariado europeos, difundíndoos entre a mocidade das zonas por onde descorren os camiños: en concreto, no que se refire a esta expedición, centrando a súa atención na Ruta Xacobea Mar de Arousa e no Camiño A Orixe.
Os rapaces, que foron saudados fai uns días no consistorio polo alcalde Manuel Ruiz, a tenente de alcalde María Sampedro e o concelleiro de Xuventude, Javier Sampedro, permanecerán no noso municipio durante dous meses coa intención de que lles resulta unha experiencia de aprendizaxe moi útil para o seu desenvolvemento persoal e profesional.




