O BNG chama a mobilizarse para defender a sanidade pública

12 Xullo 2022

O BNG da nosa comarca vén de lanzar unha proclama a prol da sanidade pública e en contra da política da Xunta, que cualifican de “política de recortes e de precariedade”.

O responsábel do BNG na Barbanza, Luís Pérez Barral, mostrou a preocupación que ten a súa organización sobre a situación que padece a sanidade pública, sobre todo a atención primaria, “cuxa situación actual exemplifica as consecuencias de trece anos de recortes e privatizacións do Goberno do PP con consultorios médicos pechados e baixas e vacantes de facultativos que non se cobren”, sinalou, criticando “a falta de solucións para os grandes problemas que están condicionando a vida da xente”. Esta situación, dixo, provoca que por “primeira vez na historia haxa lista de espera de até dúas semanas para ter atención presencial coa médica de cabeceira, algo insólito”, comentou.

Adolfo Muíños, Raquel Suárez, Rosana Pérez e Luís Pérez diante do consultorio de Taragoña fechado desde o comezo da pandemia

“Os recortes levaron ao sistema público de saúde ao abismo e os datos están aí para corroboralo, cunha atención primaria que ten 47 millóns de euros menos en recursos que en 2009 e este ano tivo menor investimento que o pasado exercicio”, explicou, salientando ao mesmo tempo “o extraordinario traballo do persoal médico, que pon de manifesto que non estamos ante un problema de falta de persoal, senón de precariedade laboral”. E engadiu: “É falso que non haxa profesionais o que pasa é que non aturan as condicións de precariedade, de feito, na última convocatoria MIR a maioría do persoal que rematou a formación non quixo ir a Atención Primaria senón que busca outras especialidades precisamente polas malas condicións”.

Ante esta situación o BNG propón que a Xunta habilite un plan de choque de 200 millóns de euros para “sacar atención primaria do colapso, que permita a contratación de persoal e incrementar a carteira de servizos: fisioterapia, psicoloxía clínica, matronas”. Amais, o Bloque propón unha modificación na actual Lei de Sanidade para destinar o 25% do orzamento do SERGAS a atención primaria. “Hai que blindar por lei o corazón do sistema, porque estamos á cola de todo o Estado en investimento en primaria”, dixo, engadindo que ”na Barbanza piden cubrir as baixas e vacantes de facultativos nos centros de saúde e reabrir os consultorios de Taragoña e Cabo de Cruz”.

Por último, o BNG tamén anima á poboación da Barbanza a se manifestar o vindeiro xoves 14 de xullo ás 20:30h na mobilización que partirá do Centro de Saúde de Ribeira, esixindo “máis recursos, mellor xestión e acabar con trece anos de recortes e privatizacións porque defender a sanidade pública é o mesmo que defender a saúde das persoas”.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.