Atención parta o martes, 12 de xullo. Mapa de alertas meteorolóxicas por temperaturas extremas.

Os ceos estarán en xeral pouco nubrados ou despexados, con algún banco de néboa matinal no interior e brétemas no litoral entre Ribadeo e Fisterra, localmente persistentes. As temperaturas ascenderán na fachada atlántica de xeito moderado a notable e manteranse moi elevadas no resto, con valores máximos que poden chegar a superar os 35ºC en comarcas costeiras e os 40ºC no interior. Os ventos soprarán do nordés no litoral norte e noroeste, con intervalos moderados, e de dirección variable no resto, con réxime de brisas nas Rías Baixas.
| Temperatura do aire (°C) | MINMAX 19° 36° |
| Temperatura da auga (°C) | 18° |
| Índice ultravioleta máx. | 8 |

O NOSO MAR: Vento variable á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 2 a 3. Mar ovellado. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 03:20 | 3.4 m |
| Baixamar | 09:27 | 0.8 m |
| Preamar | 15:45 | 3.7 m |
| Baixamar | 21:58 | 0.6 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 03:12 | 3.4 m |
| Baixamar | 09:21 | 0.8 m |
| Preamar | 15:38 | 3.6 m |
| Baixamar | 21:53 | 0.7 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 03:17 | 3.4 m |
| Baixamar | 09:26 | 0.8 m |
| Preamar | 15:42 | 3.6 m |
| Baixamar | 21:57 | 0.6 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)



