Este luns 11, San Pedro de Muro celebra a tradicional romaría de San Benito

10 Xullo 2022

Este luns 11 de xullo a celebración en honra de San Benito regresa a Seráns, na parroquia sonense de San Pedro de Muro. Os fieis contarán con ata nove misas, a primeira ás 8.00 horas e a última ás 19.30, estando fixada a solemne, que incluirá procesión, para as 13.00.

Tamén este este luns 11 de xullo celebrase a nova edición da peregrinaxe dende O Son até San Benito de Seráns.

O Concello de Porto do Son, ao abeiro do programa O Son Camiña (circuíto de rutas municipal, edición 2022), organizou para o vindeiro 11 de xullo unha nova convocatoria da tradicional peregrinación dende a vila sonense até a capela de San Benito de Seráns. A saída (dende a fachada marítima da vila) será ás 8,30 horas. Non se precisa inscrición para participar. A ruta realizarase de xeito cen por cen libre (é un roteiro non marcado).

Outros artigos

O Noia Portus Apostoli, tricampión da Copa Galicia de fútbol sala

Tricampión de Galicia. O Noia Portus Apostoli volveu coroarse este 17 de maio, Día das Letras, como o auténtico rei de Galicia tras proclamarse campión da Copa Galicia por terceiro ano consecutivo. O bloque noiés, o noso único representante na máxima categoría do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación. Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos...