Ambar fai un chamamento a participar na VIII Carreira pola Diversidade

06 Xullo 2022

Este 6 de xullo, Milagros Pérez Rey, presidenta da Asociación Ambar das persoas con Diversidade Funcional, presentou os detalles da oitava edición da Carreira pola Diversidade. Fíxoo na compaña de Mari Carmen González, profesional de Ambar; Joserra Figueira, responsábel da área de Deporte de Ambar; e Moncho Vidal, integrante do Equipo de Running de Ambar. No acto tamén participaron María Sampedro e Javier Sampedro, concelleira de Cultura e concelleiro de Deportes de Ribeira.

Nesta xornada destacouse que a Carreira pola Diversidade o 10 de xullo ás 10:00h na explanada de Coroso – Ribeira. Como complemento á modalidade presencial da Carreira ofrécese a posibilidade de realizar unha Andaina do 8 ao 10 de xullo escollendo tempos, ruta e a compañía que se desexe.

As inscricións para as modalidades estarán abertas ata o 7 de xullo en cronotec.es e na mesma plataforma está dispoñíbel a posibilidade de facer unha doazón solidaria a través do dorsal 0.

A cota de inscrición é de 6€ e a recadación será destinada será destinada á retomar as actividades de ocio e participación na comunidade, “tan necesarias para potenciar a autonomía, o desenvolvemento persoal e a autoestima”, sinalaron as responsábeis de Ambar, engadindo que este tipo de iniciativas “estiveron moi limitadas no noso grupo de persoas usuarias durante todo o tempo da pandemia, xa que pertenciamos a grupos vulnerábeis e ao ámbito sociosanitario, que foron dos sectores coas medidas de prevención máis restritivas”.

Abriu a xornada María Sampedro presentando a todos aos asistentes. Agradeceu e felicitou a Ambar por “un ano máis celebrando a Carreira pola Diversidade, na que hai todo tipo de modalidades e onde se facilita a accesibidade a inclusión para todos”. Animou á xente a participar e colaborar, participando na carreira ou ben aproveitando a opción de realizar a andaina.

A continuación foi a quenda de Milagros Pérez Rey, que agradeceu ao Concello de Ribeira o seu labor na Carreira e destacou a importancia de volver a práctica deportiva inclusiva.

Joserra Figueira, responsábel da área de Deporte, explicou o percorrido, o cal consta de 5km, e as distintas modalidades, as cales son zapatilla, zapatilla inclusiva, handbike e cadeira de rodas.

Deulle paso a Mari Carmen González, unha das profesionais de Ambar encargadas da organización da Carreira. Comentou que grazas ao apoio nesta causa as persoas usuarias que “o tiveron tan difícil nestes últimos anos para a realización das actividades de ocio, vanse ver moi beneficiadas xa que co recadado potenciarase a volta ás mesmas”.

Moncho Vidal salientou as ganas de volver encontrarse cos seus compañeiros e acadar unha posición no podium da categoría zapatilla inclusiva.

Pechou a xornada Javier Sampedro destacando a importancia da Carreira pola Diversidade, “un evento que merece o apoio de todos”.

Outros artigos

AMBAR abre as inscricións para a 10ª Carreira pola Diversidade

A Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional, con sede e actividade na nosa comarca, xa ten abertas as inscricións da 10ª edición da súa Carreira pola Diversidade. Celebrarase o domingo 14 de xullo ás 10:00h na explanada de Coroso, Ribeira. Trátase dun...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Nun dezasete de maio…” – Manuel Domínguez

“Nun dezasete de maio…” – Manuel Domínguez

No dia 17 de maio de 2019 veu a este mundo, não sei se era menino ou menina, uma vida muito especial, uma vida que nos incentiva a viver, a lembrar, uma vida que mantém a esperança de um projeto vivo. Já são 5 anos, no mundo da informação, dia a dia, onde a notícia é...