Vinte e cinco veleiros peregrinarán de Baiona a Compostela no II Roteiro Rías Baixas con paradas en Combarro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal, Muros e Portosín

03 Xullo 2022

Vinte e cinco veleiros emprenderán este luns 4 de xullo desde Baiona unha peregrinación por mar rumbo a Santiago de Compostela con diferentes etapas que pasarán por Combarro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal, Muros e Portosín.

Trátase da segunda edición da Roteiro Rías Baixas, unha iniciativa turístico-deportiva de carácter lúdico que busca divulgar a cultura mariñeira, promover o turismo náutico, impulsar o deporte da vela e dar a coñecer as potencialidades dos portos galegos.

Organizada polo Monte Real Club de Iates, o Real Club Náutico de Portosín e a asociación Camiño de Santiago Ría Muros-Noia grazas ao patrocinio de Cenor, a travesía unirá “turismo, natureza, deporte, gastronomía, relixión e tradicións… algúns dos mellores reclamos dos que pode presumir Galicia”, en palabras do presidente do Mrcyb, José Luis Álvarez.

Na primeira edición do roteiro, celebrada o ano pasado, participaron 24 embarcacións, e este ano serán 25, chegando á cifra límite establecida pola organización para poder ofrecer aos participantes unha experiencia de calidade, tanto na navegación como nas diferentes escalas. As tripulacións partirán de Baiona, dos pantaláns do Monte Real, a mañá do luns 4 de xullo rumbo a Combarro, o martes día 5 completarán as 32 millas que separan Combarro de Rianxo; e o mércores día 6 terán como destino final A Pobra do Caramiñal.

Navegarán sempre acompañados por dúas embarcacións de apoio e un barco nodriza e Muros e Portosín serán os dous últimos portos en programa, para facer a última escala e completar a peregrinación por mar. Desde Portosín xa só quedaralles emprender camiño a Compostela, esta vez por terra, para poder gañar o xubileu, algo que farán o sábado 9 de xullo.

Coas case 120 millas percorridas por mar, os participantes terán a posibilidade, se así o desexan, de conseguir a Compostela, para a que se esixe un mínimo de 90 millas náuticas, selando a cada paso a súa credencial de peregrinos.

O II Roteiro Rías Baixas foi presentada oficialmente este xoves no Monte Real Club de Iates, nun acto no que estiveron presentes, ademais do presidente do MRCYB, José Luis Álvarez; e o comodoro do RCN Portosín, Fernando González; o vicepresidente da Asociación Camiño de Santiago Ría Muros-Noia, José Santiago Freire; a directora de márketing de CENOR, Leticia Fernández; o alcalde de Baiona, Carlos Gómez; o xefe territorial de Turismo de Galicia, Felipe Ferreiro; a deputada Raquel Giraldez; e o comodoro do MRCYB, Ignacio Sánchez Otaegui.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.