A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 15.599 deles 3.356 son da área da Coruña, 1.984 da de Lugo, 1.979 da de Ourense, 1.671 da de Pontevedra, 2.612 da área de Vigo, 2.820 da de Santiago e 1.156 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 22 están en UCI, 667 en unidades de hospitalización e 14.910 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 629.928 persoas curadas, rexistrándose 3.608 falecementos.
Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:
Día 30 de xuño:
Home de 89 anos, na área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.
Home de 94 anos, na área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.
Muller de 94 anos na área sanitaria de A Coruña e Cee.
Muller de 75 anos na área sanitaria de A Coruña e Cee.
Muller de 90 anos na área sanitaria de Vigo.
As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.
O número de PCR realizadas é de 3.936.298.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.696.499.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade permanece en alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
Uso do 061 para casos graves e emerxencias e 881 54 00 45 para información covid
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía debe empregar o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número 881 54 00 45 naqueles casos que presenten síntomas leves de coronavirus, ou ben para resolver dúbidas relativas a covid-19. Ademais, o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.




