Venres, empeza xullo con sol e suba de temperatura
30 Xuño 2022
Galicia quedará o venres baixo influencia das altas presións. Con esta situación, agárdanse bancos de néboa matinais en zonas do interior de Lugo e da Coruña e ceos pouco nubrados ou despexados en xeral. Posibilidade de brétemas costeiras no litoral atlántico, principalmente pola tarde. As temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos, mentres que as máximas ascenderán de xeito moderado, localmente notable. Os ventos comezarán frouxos de dirección variable, collendo compoñente norte co avance do día.
Temperatura do aire (°C)
MINMAX 12° 24°
Temperatura da auga (°C)
16°
Índice ultravioleta máx.
8
meteogalicia
O NOSO MAR: Vento variable á mañá, do noroeste á tarde e 3092 á noite, forza 1 a 3 á mañá, 4 a 5 á tarde e 3 a 5 á noite. Mar ovellado á mañá, forte marusía á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e á noite e 0.5 a 1 metros á tarde.
Continuaremos este mércores 10, baixo a influencia das altas presións, que favorecerán unha situación de estabilidade atmosférica marcada pola circulación de ventos do nordés. A xornada comezará con presenza de néboas e nubes baixas en diversas comarcas do interior,...
Iniciamos este martes 9 de xuño unha progresiva recuperación o que favorecerá unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica. Durante as primeiras horas do día formaranse néboas en distintas comarcas do interior, aínda que estas irán desaparecendo co avance da...
A xornada do luns 8, estará marcada pola aproximación dunha fronte moi desfeita durante a mañá, que provocará un aumento progresivo da nubosidade en boa parte do territorio. Segundo as previsións meteorolóxicas, agárdanse precipitacións febles nas rias baixas e no...
Durante o domingo, Corpous Christi, Galicia quedará baixo a influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse néboas matinais no interior e ceos moi abertos no resto con nubes de tipo alto. Na Mariña teremos nubes de estancamento. As temperaturas mínimas...
Los caldos gallegos alcanzaron en él la máximadimensión mundial llegando a mercadosinsospechados. Solo a un genio como él se le pudo ocurrirconvocar un concurso de cartelismo para dar aconocer el caldo que contienen las botellas deTerras Gauda. De este modo evocaba a...
El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...