O PSdG, crítico coa actitude da Xunta respecto do PAC de Rianxo

30 Xuño 2022

A deputada socialista Noa Díaz vén de criticar a actitude da Xunta respecto a Atención Primaria en Rianxo, onde, segundo indica, o Goberno galego négase a incrementar o persoal e adiantar o horario do PAC ás 15 horas ante as “eivas e a saturación do servizo”. As críticas foron vertidas pola parlamentaria Noa Díaz, trala realización dunha pregunta oral ao Goberno galego sobre esta cuestión na Comisión de Sanidade do Parlamento

“A atención sanitaria en Rianxo polas tardes é moi deficitaria, pese a o esforzo do persoal facultativo e técnico”, advertiu a socialista ao director xeral de Asistencia Sanitaria na Cámara galega. “De feito”, dixo, “as persoas usuarias da quenda de tarde do Centro de Saúde tardan dúas semanas en concertar unha cita co seu médico mesmo para renovar receitas e non atopan resposta na atención telefónica, véndose obrigadas a acudir de xeito presencial ao centro de saúde”.

Esta situación, dixo a parlamentaria, ten “boa parte de explicación na inexistencia do PAC en horario de tarde os días laborábeis, xa que as persoas que precisan atención médica urxente, desprázanse igualmente ao centro, de xeito que o persoal facultativo desa quenda ten que atender a doentes citados e tamén aos casos imprevistos co conseguinte desbordamento na carga de traballo”.

Ante esta circunstancia, Noa Díaz lembrou que as veciñas e veciños de Rianxo recolleron 4.000 sinaturas para demandar a creación dun PAC en servizo de tarde, “como acontece na práctica totalidade dos centros de atención primaria de Galicia”, e cando agora mesmo estes atópanse “mal atendidos” e o persoal do centro de saúde ten unha carga de traballo “inasumíbel”.

Nos últimos tempos, concluíu, “estamos asistindo a un cada vez maior abandono da Atención Primaria, nomeadamente nos pequenos núcleos de poboación, poñendo en serio risco a atención sanitaria da veciñanza e a comarca do Barbanza non é allea a esta desatención e precarización”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.