A concelleira de Cultura de Ribeira, María Sampedro, deu a coñecer este 29 de xuño as actuacións previstas na axenda da Fiestra da Cultura. Trátase dunha trintena de espectáculos a desenvolver en todas as parroquias do termo municipal. Inclúense actuacións que son vellas coñecidas da veciñanza (como as Noites de Autocine ou as Rúas Masicais) e outras propostas novas como unha Feira do Vinilo a finais de agosto, amén dos espectáculos enmarcados na iniciativa Ribeira con Orgullo esta fin de semana.

Ademais, haberá concertos (Sampedro salientou, entre outros, os de Iván Ferreiro e Xisco Feijóo), exposicións, actividades infantís e circenses, tres actuacións do Festival Atlántica con dous dos nosos lavadoiros como epicentros, a celebración do San Cristovo ou un espectáculo de maxia.
A concelleira de Cultura aclarou que esta programación da Fiestra da Cultura verase engrosada con novos espectáculos posto que aínda faltan por concretar actuacións enmarcadas en programas como os Concertos na fin do mundo, a Cultura do Camiño ou as Paisaxes Sonoras.
-Exposición Retrospectiva, de Soky Díaz
Inauguración, venres 1 de xullo ás 21 h –ata o 30 de xullo-.
Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira.
Horario: De luns a venres de 10 a 14 h e de 19 a 21 h e sábados de 11 a 14 h.
-Noites de Autocine, El cuarto de Mona
Venres 1 de xullo.
Exterior Centro Social de Oleiros, ás 22:15 h
-Celebración Orgullo LGTBI
Holi Party con Carlos DJ e Dani DJ
Venres 1 de xullo.
Paseo do Malecón, ás 19:00 h
-Festival Solidario AECC Ribeira: A Casa das Cancións
Sábado 2 de xullo.
Auditorio municipal, ás 20:30 h
-Celebración Orgullo LGTBI
Concerto Remember Queen
Sábado 2 de xullo.
Paseo do Malecón, ás 23:30 h
-Rúas Musicais: Blow
Domingo 3 de xullo.
Porto de Castiñeiras, ás 13:00 h
-Festival Atlántica
Lavandeiras, de Rilo & Penadique
Domingo 3 de xullo.
Lavadoiro de Pinisqueira – Couso (Aguiño), ás 21:00 h
-Festival Atlántica
Músicos e Contos de Patera, de Anxo Moure, Ayoub Kamouni e Aziz Belmajdoub
Mércores 6 de xullo.
Praza do Concello, ás 21:00 h
-Festival Atlántica
O teatro máis pequeno do mundo, de Santi Prego e Jorge de Arcos
Venres 8 de xullo.
Lavadoiro de Artes, ás 21:00 h
–Noites de Autocine: Scooby!
Venres 8 de xullo.
Aparcadoiro Sociedade Fillos de Palmeira, ás 22:15 h
-Concerto Orquestra Sons: Memorias dunha illa (Sálvora)
Sábado 9 de xullo.
Praza do Concello, ás 22:15 h
-Día de San Cristovo
Domingo 10 de xullo.
Misa solemne, ás 12:00 h, na Igrexa Parroquial de Santa Uxía. A continuación procesión ata o Malecón e bendición de vehículos que percorrerán as rúas da cidade.
–Rúas Musicais: Amores de Barra
Domingo 10 de xullo.
Exterior Casa Cultura de Olveira, ás 13:00 h
–Noites de Autocine: Trasto
Venres 29 de xullo.
Exterior Centro Recreativo de Artes, ás 22:15 h
–Festival Ambar: Mar Diverso
Venres 29 de xullo.
Praza de Porta do Sol, ás 22:15 h
-VIII Festival Ribeira: Ghop, de Teatro ó Cubo
Sábado 30 de xullo.
Praza de Porta do Sol, ás 22:15 h
–Extra! de Paco Nogueiras
Praza de Porta do Sol, ás 12:00 h
–Merenda con pan de millo de Cantaxoga
Praza do Concello, ás 12:00 h
-Actividade de ICE Renovación e Estruendo
Obradoiros e animacións infantís, coreografías, pequenos concertos pop, percusión e sketches sobre valores universais.
Praza do Concello, ás 18:30 h
–O Círculo dos Contos
Xogos de habilidade, música, espectáculos infantís, reparto de granizados, inchables, festa da escuma, etc.
Venres 5 de agosto.
Praza do Concello, de 11:30 a 14:00 h e de 18:30 a 21:00 h
-Exposición Mulleres, homes e peixes, de Antonio Pérez
Inauguración, venres 5 de agosto ás 21:30 h –ata o 3 de setembro-
Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira.
Horario: De luns a venres de 10 a 14 h e de 19 a 21 h e sábados de 11 a 14 h
-Concerto Peixe, de Xisco Feijoo
Venres 5 de agosto.
Praza de España, ás 22:15 h
-Rúas Musicais: Recambios Tucho
Domingo 7 de agosto.
Exterior Centro Recreativo de Artes, ás 13:00 h
-Concertos do Xacobeo: Iván Ferreiro
Venres 12 de agosto.
Praza de España, ás 21:00 h
-Noites de Autocine: Pinocchio
Venres 12 de agosto.
Campo da festa – Carreira, ás 22:15 h
-VIII Festival Ribeira A Gran Viaxe, de Inventi Teatro
Sábado 13 de agosto.
Paseo do Malecón, ás 22:15 h
-Rúas Musicais: Rockolas
Domingo 14 de agosto.
Porto de Corrubedo, ás 13:00 h
–Rúas Musicais: Human
Luns 15 de agosto.
A Capela – Carreira, ás 13:00 h
–Noites de Autocine: Cuñados
Venres 19 de agosto.
Aparcadoiro grande – Corrubedo, ás 22:15 h
-Rúas Musicais: La Banda de Luke
Domingo 21 de agosto.
Porto de Aguiño, ás 13:00 h
-Noites de Autocine: Grease
Venres 26 de agosto.
Porto de Aguiño, ás 22:15 h
-Festival Salsa na Rúa
Venres 26 de agosto.
Parque García Bayón – animación, ás 22:15 h
–Festival Salsa na Rúa
Sábado 27 de agosto.
Rúa Alcalá Galiano, a partir das 10:00 h
Praza de Porta do Sol, ás 14:00 h
Paseo do Malecón, ás 22:15 h
-I Feira do Vinilo
Sábado 27 de agosto.
Praza de Vigo, durante todo o día.
–Rúas Musicais: Open Drink
Domingo 28 de agosto.
Porto de Palmeira, ás 13:00 h
–Noites de Autocine: Pérez 2
Venres 2 de setembro.
Aparcadoiro do Pavillón de Sirves – Olveira, ás 22:15 h
–VIII Festival Ri beira: OH!Pera, de Circo Chosco
Sábado 3 de setembro.
Porta do Sol, ás 22:15 h
-Rúas Musicais: Thais Suki
Domingo 4 de setembro.
Campo da festa – Oleiros, ás 14:00 h
–Noites de Autocine: Mi amigo pony
Venres 9 de setembro.
Aparcadoiro Punta do Castro – Castiñeiras, ás 22:15 h
-Exposición XIII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico
Do 9 de setembro ao 5 de outubro.
Centro Cultural Lustres Rivas.
Horario: De luns a venres de 10 a 14 h e de 19 a 21 h e sábados de 11 a 14 h
-VIII Festival Ri Beira Caldeirada de Lingua, de Martín Camiña
Domingo 11 de setembro.
Praza de Porta do Sol, ás 21:00 h
-Rúas Musicais: SabelasNotas
Luns 12 de setembro.
Parque García Bayón, ás 13:00 h
–Festival de Maxia: Galicia Ilusiona
Luns 12 de setembro.
Praza de Porta do Sol, ás 20:00 h



