Prosegue a súa actividade o PIE de Dodro e Rianxo dando servizo a un centenar de persoas desempregadas da contorna

28 Xuño 2022

O Programa Integrado de Emprego dos Concellos de Dodro e Rianxo (2021/2022), financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), segue o seu curso dende que fora presentado no mes de febreiro en Padrón. Está dirixido a 100 persoas desempregadas do ámbito territorial comprendido polos concellos de Padrón, Rois, Dodro e Rianxo, inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, e ten como finalidade “a mellora da empregabilidade dos/as beneficiarios/as a través da realización dun conxunto de accións para facilitar a súa inserción no mercado laboral”. Un dos puntos básicos do programa é a capacitación tecnolóxico-dixital das persoas participantes coa finalidade de mellorar as súas opcións de atopar un posto de traballo.

Ademais das entrevistas individuais de orientación e asesoramento laboral que se están a facer todos os días, nunha primeira fase realizáronse as seguintes accións formativas co obxectivo de mellorar a empregabilidade dos usuarios:

-Manipulador de alimentos (10 horas) en Padrón.

-Prevención de riscos laborais (30 horas) en Padrón.

-Alfabetización informática e Internet (25 horas) en Rianxo.

-Busca activa de emprego mediante o uso das novas tecnoloxías (10 horas) en Rianxo.

En datas recentes executáronse os seguintes cursos en modalidade de teleformación:

-Cociña sa (35 horas).

-Servizos básicos de barra e restauración (40 horas).

A semana pasada remataron dous cursos:

-Agricultura ecolóxica (30 horas) en Dodro.

-Manexo de carretilla elevadora (30 horas) en Rianxo.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.