O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para contratar un axente de igualdade

23 Xuño 2022

O Concello de Boiro informou de que vén de convocar un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego temporal de axentes de igualdade, correspondente ao subgrupo A2. A contratación realizarase con cargo a unha subvención da Deputación da Coruña para o financiamento do persoal técnico de axentes de igualdade no ano 2022.

O sistema de acceso será mediante concurso-oposición libre e a modalidade de contratación formalizarase baixo a modalidade contractual temporal correspondente segundo se necesite no momento de realizar a contratación. O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o día 7 de xullo e a documentación debe presentarse no Rexistro Xeral ou na sede electrónica do Concello de Boiro.

Para participar deste proceso, as persoas aspirantes deben contar con grao, licenciatura ou diplomatura en igualdade, socioloxía, psicoloxía, dereito, ciencias políticas e da administración, psicopedagoxía ou pedagoxía, traballo social, educación social ou equivalente da área das ciencias sociais ou xurídicas. Ademais, son esixibles os demais requisitos de acceso ao servizo de emprego público.

As bases e toda a información sobre o proceso está a disposición das persoas interesadas na web municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.