Aberto o prazo de inscrición para participar no regreso do Día da Bici a Ribeira

22 Xuño 2022

O vindeiro domingo 3 de xullo regresa a Ribeira o Día da Bici despois de dous anos nos que non foi posíbel celebrar esta tradicional actividade por mor da pandemia. A iniciativa, organizada pola Concellería de Deportes, ten “un carácter lúdico-recreativa” e está aberta a persoas de todas as idades no ánimo de fomentar e reivindicar o uso da bicicleta.

A cita arrancará ás 11 da mañá da praza de España (haberá que confirmar a participación no punto de saída dende unha hora antes) para trazar un percorrido urbano que desembocará no mesmo punto en torno ás 12 do mediodía. O casco é obrigatorio.

Sorteo

Unha vez rematado o percorrido, realizarase entre os participantes un sorteo de material relacionado con este medio de transporte de dúas rodas.

As inscricións (de balde) están abertas dende este mércores 22 de xuño e rematarán o xoves 30 de xuño ás 12 do mediodía. Pódense formalizar na páxina web www.ribeira.gal.

Colaboran na iniciativa o club Os Saltamontes e as tendas de bicicletas, Sportbike e Quintena, ademais de Policía Local, Protección Civil e Asociación de Veciños de Carreira.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...