Dados de alta sete dos tripulantes feridos do atuneiro Albacora Cuatro

16 Xuño 2022

Antón Luaces.- Os servizos médicos de Port Victoria, en Mahé, concederon a alta a sete dos oito tripulantes do atuneiro vigués “Albacora Cuatro” que o pasado mércores rexistrou a bordo unha fuga de amoníaco. Hospitalizado continúa outro tripulante, afectado por insuficiencia respiratoria. No mesmo accidente morreron o xefe e o primeiro de máquinas do atuneiro: Angel Boo e Francisco Cameán, de 36 e 27 anos, respectivamente, o primeiro pai de dúas nenas, residentes na Pobra do Caramiñal.

Unha nova esta que afecta unha outra vez ao mundo da pesca e, de cheo, a Galicia, con estas dúas mortes, as dun asturiano e un galego que, á súa vez, eran os únicos españois a bordo deste buque que, construido en 1974 fora reformado en 1988.

O “Albacora Cuatro”, cando pertencía á empresa basca “Albacora”, fora secuestrado no ano 2000 por piratas somalíes que o retiveran durante tres días. O buque, con base actual no porto de Vigo, pertence á Compañía Europea de Túnidos. Ten a súa base de operacións en Port Victoria, capital das Seychelles, base asimesmo dos buques que faenan nos caladoiros xa citados.

O de onte foi un novo accidente que pon en evidencia o alto nivel de siniestralidade que existe no eido da pesca marítima, nivel que, por certo, baixara nos últimos tempos pero que, como é ben coñecido, nunca permite baixar a garda.

Con tan só catro meses de diferenza, o afundimento do arrastreiro “Villa de Pitanxo” en augas de Terranova abriu unha nova páxina do tráxico libro do sector pesqueiro e, particularmente, o galego. Nestes catro meses, 23 mortos, oito feridos e os tres sobreviventes do arrastreiro de Marín cuxo afundimento aínda está por clarexar.

O Apostolado do mar “Stella Maris”, desde a súa sede en Seychelles, demanda que se “formulen moi seriamente as causas desa alta sinistralidade” na pesca, após  sinalar que “non podemos deixar de facer unha nova chamada a todos os organismos nacionais e internacionais que deben velar pola seguranza a bordo dos barcos para que analicen a fondo as causas deste e outros accidentes e revisar e aumentar co máximo rigor as normas de seguranza aplicables”.

O “Albacora Cuatro”  pesca a cotío no Atlántico, no Índico e no Pacífico.

A inhalación de amoníaco foi a causa do falecemento dos dous oficiais de máquinas do buque, segundo informa Opagac, organizacióln na que está encadrado o buque.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Centro Empresarial da Construción” – José Manuel Pena

“Centro Empresarial da Construción” – José Manuel Pena

A construción, como o resto de actividades laborais, é fundamental para o crecemento económico e social de calquera sociedade. No ano 2003 naceu, na comarca do Barbanza, o Centro Empresarial da Construción, co obxectivo primordial de unir, defender e dignificar ao...

“Sociedades y relaciones liquidas”. José Antonio Constenla

“Sociedades y relaciones liquidas”. José Antonio Constenla

Nuestros abuelos se casaban y su matrimonio era de por vida. El tiempo deduración de las relaciones de nuestros padres superan con mucho lasnuestras. 7 de cada 10 matrimonios en España terminan en divorcio y duranpoco más de 16 años, Aun así, según el CIS nos encanta...