O PSOE de Ribeira urxe ao Concello a asumir as obrigas de mantemento das fontes públicas

15 Xuño 2022

Os socialistas de Ribeira, a través do concelleiro José Manuel Suárez-Puerta Sirgado, presentaron unha proposta para ser debatida en pleno relativa á fontes do territorio municipal e “á necesidade de mellorar o seu mantemento”. As fontes dos espazos públicos, sinala o PSOE de Ribeira, “aínda que perderon na seu maior parte a función orixinal de abastecemento de auga aos veciños para a que foron instaladas, teñen na actualidade un labor basicamente de embelecemento da contorna”. Ademais, indican, moitas delas están conectadas á rede publica de abastecemento de augas, co

A fonte do Rueiro en pleno centro de Ribeira

cal “o seu uso debería estar garantido en canto á salubridade da auga que fornecen, estando outras aínda abastecidas por mananciais, que deben ser indicados como tal, advertindo aos usuarios que a auga que mana delas non esta tratada e, por tanto, non pode garantirse como apta para consumo.

Os socialistas engaden que o mantemento estético e coidado funcional das fontes situadas en espazos públicos, malia ser parte das obrigas do Concello, “son tarefas que non están a ser cumpridas polo equipo de Goberno local”. A xeito de exemplos citan os casos das fontes de O Rueiro e O Touro, cubertas de pintadas e de lixo, con desaugadoiros e billas que non funcionan e cheas de desperdicios de todo tipo, tanto orgánicos como envases de plástico. Este feito, din, “demostra unha falta de interese, non só do mais elemental mantemento senón tamén da limpeza e a salubridade da contorna no que están instaladas”.

Na proposta, requírese que o equipo de Goberno do Partido Popular “cumpra coas súas obrigas e proceda á posta en valor mediante a limpeza e posta en funcionamento das fontes públicas, ben conectándoas á rede pública de abastecemento de augas ou ben, se é posíbel, restaurando as primitivas conexións das fontes aos mananciais desde os que procedía a auga fornecida, indicando neste caso, mediante a cartelaría necesaria, que a auga que mana procede de manancial e que, ao estar sen tratar, non esta garantida a súa potabilidade”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.