Barbantia organiza esta finde a presentación de tres novidades editoriais

14 Xuño 2022

A Asociación Cultural Barbantia vai culminar esta terceira fin de semana de xuño con tres importantes actividades: tres presentacións editoriais en diferentes recantos da nosa comarca: en Aguiño (Ribeira), Outes e Noia.

A primeira das citas será este venres 17 de xuño no salón de actos da Casa da Cultura do Concello de Outes, a partir das 20.00 horas. Será a presentación do libro O rosario e a buguina (Editorial Galaxia), no que o rianxeiro Xosé Ricardo Losada recrea os últimos días do poeta Manuel Antonio e os conflitos relixiosos e existenciais cos que afronta a recta final da súa vida.

Case de xeito simultáneo, o venres 17 de xuño, no Conservatorio-Aula de Música de Aguiño (Concello de Ribeira), ás 20.30 horas presentarase o libro O tesouro de Rande (Do Peirao Edicións), do xornalista e escritor Alberto Hevia.

Ao día seguinte, sábado 18 de xuño, Liceo de Noia (concello de Noia) acollerá a presentación do libro Unha etapa estelar e conflitiva da Galiza (a segunda metade do século XIV). Tomo I. A relevancia do Reino Galego Medieval (AS-PG – Fundación Galiza Sempre), de Francisco Rodríguez.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.