O libro póstumo de Plácido Betanzos presentarase en Boiro

23 Outubro 2019

20191023. Despois de que Ribeira e Palmeira acollesen a presentación do libro póstumo de Plácido Betanzos, Relatos e lembranzas, agora tócalle a quenda a outra localidade da comarca do Barbanza. Así, o Centro Social de Boiro será escenario deste acto o venres 25, ás 20.30 horas.

Impresa pola Imprenta Provincial da Deputación da Coruña e editado pola Comisión Homenaxe a Plácido Betanzos García, esta obra reúne artigos do mestre, político e escritor, algúns deles inéditos e outros publicados en diversos medios de comunicación, así como textos sobre el realizados por outras persoas ou comentarios do seu alumnado, entre outros.

Ao acto asistirán o alcalde de Boiro, José Ramón Romero; Ramón Ares, xornalista; e membros da comisión coma Pilar Sampedro e Xosé Deira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...