
Unha condutora resultou ferida nun accidente ocorrido na autovía o seu paso polo concello de A Pobra.
O automóbil saíuse da vía e chocou contra a mediana no quilómetro 31 da arteria comarcal en dirección a Ribeira. Como consecuencia do impacto o automóbil desprazouse varios metros e quedou envorcado. A automobilista non tiña ningún óso roto e inicialmente manifestou aos equipos de emerxencias non sentir dor. Ao parecer, parte do seu corpo quedou sobre a calzada ao saír polo portelo e a parte inferior, dentro do coche.
Ata o lugar acudiron bombeiros de Ribeira e Boiro, así como Protección Civil da Pobra e Garda Civil.
O accidente tivo lugar pasadas as 11.30 horas e foi necesario cortar ao tráfico o carril dereito de circulación, que hora e media despois continuaba inoperativo á espera de que o guindastre retirase o vehículo. A condutora foi trasladada nunha ambulancia do 061 ao hospital para ser examinada.



