Celanova despide a mostra sobre a vertente grafista de Castelao con éxito de visitas

08 Xuño 2022

Celanova despediu esta semana a exposición Castelao Grafista (Facsímil), que estivo desde o 6 de maio na Casa dos Poetas cuns resultados excelentes a nivel de visitas: 1.163 persoas. Segundo informa a dirección deste centro cultural, o mes de maio foi o de máis afluencia de visitantes escolares. Da devandita cifra, 900 visitantes foron alumnas e alumnos chegados dende distintos puntos de Galicia e repartidos en 20 centros escolares.

Visita á mostra de alumnas do IES Celanova Celso Emilio Ferreiro

A mostra foi un proxecto para dar a coñecer e difundir a obra e o pensamento do político e artista rianxeiro nos cinco continentes.

Grazas a esta mostra, engaden dende a Casa dos Poetas, foi posíbel realizar unha acollida de alimentos xa que, aínda que a entrada era de balde, esta exposición enmarcábase no programa Cultura por Alimentos, unha iniciativa de AFundación a favor de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos), posibilitando que no acceso á exposición se puidera facer entrega dalgún alimento non perecedoiro, que será destinado ao dispensario de produtos local. Finalmente foron recollidos uns 132 vultos (tarros, paquetes, bricks…).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.