JEALSA constata no seu novo informe sobre consumidores unha demanda cada vez maior de produtos de pesca sustentábel

07 Xuño 2022

Este mércores 8 de xuño celebrarase o Día Mundial dos Océanos e neste contexto de celebración das metodoloxías de explotación sustentábeis o grupo boirense JEALSA anunciou o lanzamento da segunda edición da Radiografía do Consumidor Responsable elaborada polo seu Observatorio de Consumo e Sustentabilidade.

A nova entrega, feita sobre a base dunha enquisa a máis de 1.000 persoas de entre 18 e 65 anos (co obxectivo de identificar as principais tendencias en materia de responsabilidade social e ambiental así como os grandes retos asociados ao coidado do medio ambiente), proporciona datos de especial interese acerca da crecente preocupación social sobre a conservación do medio mariño e un cada vez maior rexeitamento a aquelas prácticas que incidan negativamente no mesmo. Asi, faise saber que 9 de cada 10 españois queren que as empresas do sector pesqueiro lideren políticas contra a contaminación de mares e océanos.

Ángeles Claro, responsábel do programa de sustentabilidade de JEALSA: We Sea

Para JEALSA, estes e outros datos do estudo constatan que a empresa (referente en sustentabilidade e economía circular) atópase na dirección correcta.

No informe reflíctese tamén que o 84% dos enquisados está preocupado por estas cuestións, sendo o coidado dos mares e océanos a terceira das inquietudes por detrás do cambio climático e o quecemento global.

Neste aspecto, 2 de cada 3 enquisados consideran que as empresas deben ser parte da solución a través do desenvolvemento e aplicación de programas de RSC (Responsabilidade Social Corporativa) propios.

No informe tamén se fai saber que se nos centramos unicamente no coidado do medio mariño, “o 95% dos consumidores considera que as empresas do sector pesqueiro deben impulsar políticas orientadas a loitar contra a contaminación mariña”.

Segundo explica Ángeles Claro, directora de Sustentabilidade da conserveira con sede en Boiro e do programa We Sea, “ao longo dos seus máis de 60 anos de historia, JEALSA foi pioneira no coidado e conservación de mares e océanos, o que se materializa nas accións do programa de RSC We Sea”. Ao amparo de We Sea tamén se establecen alianzas coas principais organizacións a nivel mundial, cuxo foco está posto na consecución das diferentes metas recollidas no obxectivo 14 dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel establecidos por Nacións Unidas.

Principais accións levadas a cabo polos consumidores para o coidado dos océanos

-A redución do consumo de plásticos dun só uso é a medida máis utilizada polos enquisados (un 72% dos españois) para evitar a contaminación mariña.

-Ademais, o 64% dos consumidores consideran moi importante reducir as súas emisións de CO2 e o consumo enerxético nos fogares.

-Outra das medidas aplicadas polos consumidores (o 24% dos enquisados) é a compra de produtos do mar con orixe sustentábel certificada.

Sobre estes e outros datos, JEALSA recorda o seu compromiso activo con todos os aspectos identificados polos consumidores: a redución da súa pegada plástica, a aposta polas enerxías renovábeis (grazas ao cal os seus centros produtivos son neutros en carbono a nivel global) e as capturas de atún aleta amarela sobre banco libre, obtidas pola súa frota, que contan coa certificación MSC.

A mocidade, a máis concienciada

O estudo indica ademais que os españois opinan que a xeración millennial, é dicir, aqueles mozos con idades comprendidas entre os 29 e os 41 anos, son o colectivo máis concienciado co coidado e conservación do medio ambiente. “As conclusións extraídas da radiografía realizada polo noso Observatorio de Consumo e Sustentabilidade confirman que a pandemia, e especialmente o confinamento, fíxonos valorar a importancia que ten poder gozar do medio ambiente. Para facelo, tanto nós como as xeracións futuras, é necesario que empresas e consumidores traballemos de forma conxunta”, engade Sandra Alvarellos, directora de Mercadotecnia & eCommerce de JEALSA.

Outros artigos

Incendio dun vehículo nun supermercado no Concello de Boiro

O Servizo de Prevención, Extinción de Incendio e Salvamento de Boiro foron alertados ao redor das 15:15 horas da tarde deste sábado 11 de maio dun incendio que afectou a un vehículo nun supermercado no concello de Boiro. Na chegada realizouse unha inspección...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fóra de tempo” – Manuel Domínguez

“Fóra de tempo” – Manuel Domínguez

Un estudo filosófico da atemporalidade Samuel Baron, Kristie Miller e Jonathan Tallant Ten habido moito debate sobre como é o tempo, pero non sobre se existe. O obxectivo deste libro é facer pensable a ausencia do tempo. Poida que o tempo non exista. Pois por esta...

“Nó gordiano” – Xulio Xiz

“Nó gordiano” – Xulio Xiz

Escoito que un político afirma que “aos xuíces non teñen que escóllelos os xuíces senón o pobo cos seus votos”. Espero que a afirmación berrada se referise a que, unha vez consigan ser xuíces, superando estudos e probas pertinentes, as forzas políticas sexan as que...