Comeza no Son un curso que aborda as vantaxes de emprender en cooperativa

07 Xuño 2022

Este martes 7 de xuño ponse en marcha en Porto do Son, da man do Concello, a Rede Eusumo – Economía Social de Galicia e Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas, unha nova acción formativa gratuíta sobre as vantaxes e posibilidades que pon en xogo a metodoloxía de emprender en cooperativa. Trátase do curso de balde Lánzate a emprender en cooperativa, que se desenvolve dende este martes até o venres 10 de xuño, en horario de 9.30 a 14.30 horas.

Será no Viveiro de Empresas de Porto do Son. O curso proporcionará ás persoas asistentes puntos para o baremo do marisqueo a pé (PERMEX). A actividade vai especialmente destinada a persoas interesadas no emprendemento cooperativo, socias e persoal de cooperativas e público en xeral. Os obxectivos son “achegar o modelo cooperativo á cidadanía, en especial ás persoas desempregadas”, “mostrar as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa”, “valorar as cooperativas e as súas contribucións sociais e económicas” e “coñecer a experiencia real dunha cooperativa en funcionamento”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.