Noia acolle o 12 de xuño a primeira edición do Trofeo Portus Apostoli

05 Xuño 2022

O Concello de Noia acolleu a semana pasada a presentación da primeira edición do Trofeo Portus Apostoli, segunda das tres probas que se celebran na nosa terra ao abeiro da Copa Galicia Estrada 2022, impulsada pola Federación de Ciclismo. Disputarase o domingo 12 de xuño, con saída e chegada na Alameda noiesa, onde estará emprazada unha pantalla xigante que permitirá ver esta importante proba deportiva en streaming.

Segundo se fixo saber na presentación, douscentos deportistas pedalearán un total de 84 quilómetros nun circuíto de 3 voltas pequenas e unha grande, que pasará polos concellos de Noia, Lousame e Rois.

O evento, que conta cunha manchea de colaboradores e, vén da man da Federación Galega de Ciclismo, Club Noela Master Team, o Concello de Noia e Orixinal.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...