Domingo con ceos parcialmente cubertos e chuvias polo serán
04 Xuño 2022
O domingo Galicia quedará nunha zona intermedia entre altas e baixas presión coa chegada dunha fronte pouco activa de madrugada. Así, os ceos permanecerán parcialmente cubertos durante o día, con chuvias que comezarán polo noroeste á noite. As temperaturas sufrirán lixeiros descensos, máximo 20 graos. O vento soprará frouxo de compoñente oeste, virando a sur pola noite coa entrada da fronte.
Temperatura do aire (°C)
MINMAX 14° 20°
Temperatura da auga (°C)
18°
Índice ultravioleta máx.
8
meteogalicia
O NOSO MAR: Vento variable á mañá, do oeste á tarde e do sur á noite, forza 1 a 2 á mañá e 2 a 3 á tarde e á noite. Mar rizado á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade regular á mañá e á noite e boa á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.
Este venres 16, Santa Margarida, comezará con bancos de néboa en zonas do interior, ceos cubertos por nubes baixas na franxa norte de Galicia e nubes altas no resto do territorio. A medida que avance a xornada, a nubosidade irá a máis en toda a xeografía galega, dando...
A xornada deste xoves 15, Santa Tereixa, comezará con bancos de néboa e brétemas costeiras que darán paso a ceos despexados, con ventos do norte-noroeste e un lixeiro descenso nas temperaturas máximas. A influencia das altas presións continuará marcando a estabilidade...
A comunidade galega quedará este mércores 14, San Calixto e San Evaristo, baixo a influencia das altas presións e a entrada dunha masa de aire cálido, configurando un escenario xeral de estabilidade meteorolóxica en todo o territorio. O día comezará con bancos de...
A influencia anticiclónica deixará este martes unha xornada maioritariamente seca e despexada tanto en Santiago de Compostela como nas Rías Baixas, á marxe da fronte feble que rozará o litoral norte galego. Aínda que a mañá comezará con bancos de néboa e nubes baixas...
Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...
O "corpus" dos pensionjstas españois está conformado por 10 millóns de beneficiarios con pensións dun promedio xeral de 1.374,57 euros e unha media de 1.576,10 euros ao mes tendo en conta en ambos os casos o total a percibir anualmente, incluídas as pagas...