Licitado o derrube de “Hesta Kurba” para facer a futura residencia de maiores de Ribeira

02 Xuño 2022
Hesta Kurba sede da futura residencia de maiores de Ribeira

A Xunta de Galicia publica hoxe na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a licitación do derrubamento da antiga discoteca ‘Hesta Kurba’, onde se emprazará a futura residencia pública de maiores, ao concello de Ribeira.
Será o primeiro centro no que se aplicarán as innovacións do novo modelo residencial.
A Consellería de Política Social e Xuventude valorou se era posible manter algunha parte da estrutura do inmoble, pero debido ao seu estado de conservación non foi posible aproveitala. As empresas interesadas en presentar ofertas teñen ata o 23 de xuño ás 10.00 horas para facelo. Así mesmo, o prazo a execución do derribo é e catro meses e o orzamento para esta actuación supera os 540.000 euros.
10 millóns de euros
Cómpre lembrar que o Goberno galego investirá 10 millóns de euros neste novo equipamento, que contará con 100 prazas distribuídas en módulos de convivencia de 25 residentes, con habitacións individuais e baños adaptados. Ademais, o inmoble estará dotado de máis tecnoloxía para mellorar o benestar dos usuarios, como xa se fixo na residencia pública da Estrada.
Así mesmo, contará con zona axardinada exterior, así como o seu privilexiado emprazamento: ao carón da praia de Coroso e do seu paseo marítimo, e preto do hospital comarcal do Barbanza.
Quilómetro cero
Con este novo centro, Ribeira e a zona do Barbanza serán o quilómetro cero do novo modelo residencial de Galicia. Unha transformación nos coidados residenciais baseado en tres piares fundamentais: unha maior colaboración dos ámbitos social e sanitario, a incorporación da tecnoloxía ás residencias de maiores, e a introdución de melloras estruturais e arquitectónicas para que os centros sexan verdadeiros fogares.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.