O Concello de Boiro impulsa a empregabilidade do alumnado do Obradoiro de Emprego

02 Xuño 2022

A xunta do Goberno local do Concello de Boiro aprobou as bases reguladoras de incentivos á contratación do alumnado traballador participante no Obradoiro de Emprego en xestión forestal Torre Goiáns – Boiro, con vistas a favorecer a súa empregabilidade. As persoas participantes están a levar a cabo traballos na zona de Neixón no marco das actividades prácticas do programa formativo.

Participan no Obradoiro de Emprego un total de 20 alumnos, divididos en dúas especialidades. Unha parte formase en Actividades Auxiliares en Conservación e outra en Mellora de Montes e Repoboacións Forestais e Tratamentos Silvícolas. O alumnado realizou formación práctica na contorna da finca de Goiáns, onde se levaron a cabo tarefas de recuperación e coidado das árbores naturais para a conservación de especies autóctonas, e agora, como dixemos, están a realizar traballos en Neixón, na contorna do Centro Arqueolóxico e os Castros.

Ademais da formación teórica e da posta en práctica das habilidades adquiridas, o alumnado formase tamén en competencias xenéricas e destrezas para a procura de emprego, de aí que co “oxbectivo de facilitar a empregabilidade das persoas participantes nesta edición do obradoiro”, o Concello aprobara esta semana as devanditas bases reguladoras.

O Concello de Boiro desenvolve o Obradoiro de Emprego en xestión forestal Torre Goiáns – Boiro durante o curso 2021-2022 mediante o financiamento da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, ao abeiro das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.