“Se me queres escribir”. Antón Luaces

31 Maio 2022

  Un día, vai xa moito tempo, escoitei na casa dos meus pais unha especie de soliloquio que rematou cun canto moi baixiño que -sendo eu daquela un cativo que nada entendía- asumín era algo místico que nacía -e así foi- no máis fondo da alma de quen a interpretaba.

Tiveron que pasar algúns anos para que me decatara do que aquel canto de dor significaba: a Policía Nacional acababa de dar norte a tiros a un ciclista que tomaba parte nunha proba de exhibición na que se tentaba tributar homenaxe a un galego de Ferrol que retornaba á illa de Gran Canaria á que non volverá desde que saíra dela para comezar o que se chamou Alzamento Nacional.

   O ciclista morto era un afeccionado que, cando chegaba máis ou menos á altura do lugar que ocupaba o xeneral Franco -en Las Palmas acompañando a Eva Duarte de Perón, desprazada de Argentina á capital grancanaria cunha importante partida de gando que doaba a un famento pobo español- botou man a un pano que levaba nun peto traseiro, xesto que foi interpretado polas forzas policiais como un intento de empregar contra Franco unha suposta pistola. En realidade, aquel mozote botba man dun pano co que, ao parecer, pretendía saudar ao xa daquela xefe do Estado pola G. de Deus.

   Alí quedou, o pobre, rodeado de policías. E deseguido a explicación oficial: foi un intento de atentar contra o xeneral Franco e grazas á preparación policial para evitar este tipo de accións, evitouse unha “perda maior”.

   Foi aquí onde comecei a matinar sobre o significado daquela canción a media voz que miña nai, Benigna da Cruz de Campo de Monte, interpretaba na cociña mentres preparaba potaxe de berro.    

               “Si me quieres escribir, ya sabes mi paradero.

                En el frente de batalla, primera línea de fuego”…

                Si tú quieres comer bien, barato y de buena forma,

                En el frente de batalla, allí tienen una fonda.

                 En la entrada de la fonda

                  Hay un moro Mohamed,

                  Que te dice pasa pasa,

                   qué quieres para comer?.

                   El primer plato que te dan

                   Son granadas rompedoras;

                    El segundo de metralla,

                    Para recordar memorias”.

Tardéi ben tempo en saber o significado desta canción que foi tremendamente popular en España. E foi a partir do coñecemento de que era unhas das moitas que o franquismo prohibirá porque, por suposto, era unha das “adxudicacións” máis ou menos “gratuitas” que se facían ao “bando” dos “roxos”.

Curiosamente, miña nai aprendéuna de lla escoitar ao seu único irmán, que fixo a guerra -como todos os mozos galegos que en Galicia ficaban- no “bando” dos “fascistas”, onde perdeu un ollo polo estoupido dunha mina.

Tal día coma o de hoxe, meu tío Alfredo, relatárame esa vivencia tan especial (da que conservaba un ollo de cristal e unha paga mínima de sobrevivencia, así como un emprego ata a súa xubilación dependente do Ministerio de Obras Públicas ou a Deputación provincial). Tamén con el aprendín esa canción de guerra nunha España rompida que. Aínda que non quixera, como na canción, tiña que “recordar memorias”.

Outros artigos

“25 abril III. Santarém”. Manuel Dominguez

Saímos de Lisboa e rumamos para o berço, a fonte, onde o destino fez chegar aqui onde a memória está presente. “Meus senhores, como todos sabemos, existem diferentes tipos de Estado. Os estados socialistas, os estados capitalistas e o estado a que nos referimos....

+

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

A frase non é -que máis quixera!- da miña autoría. Pertence ao escritor monfortino Lois Diéguez, quen na contracuberta da súa obra "As voces amadas" (publicada o ano pasado) dí: "... eu non son así, eu non son un móbil nin máquina ningunha. Rebélate, pois, se tes...

+

“25 abril medio siglo de historia II”. Manuel Dominguez

El sol acaricia suavemente los cristales de la ventana, las cortinas dejan pasar un hermoso rayo de luz, llego la hora. La plaza del comercio, donde se celebrarán los actos conmemorativos, allí haciendo las líneas de un cuadrado el pueblo portugués espera, espera para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

Domingo tregua na choiva e temperatura baixa para a época

Domingo tregua na choiva e temperatura baixa para a época

Nesta xornada Galicia continuará con inestabilidade atmosférica debido a presenza de aire frío en altura. Polo tanto, teremos ceos nubrados con chuvascos localmente treboentos durante a mañá no norte da Comunidade e sendo máis probables pola tarde no interior do...

“Libros y autores”. Alberto Barciela

“Libros y autores”. Alberto Barciela

En manos de una editorial inteligente, un libro o un animal pueden resultar una elegante evolución colorista. Las páginas se encuadernan para sustentar un cierto orden ideográfico y, a su vez, para soportar anaqueles de vidas y afanes. La huella genética se retrata en...