Prado, Ruíz e Dieste enumeran os vindeiros investimentos autonómicos para O Barbanza

21 Outubro 2019

20191021 A deputada do Parlamento de Galicia e vice-voceira do Grupo Popular, Paula Prado, participou esta mañá en Ribeira cunha xuntanza co alcalde esta localidade, Manuel Ruíz, e máis o ex rexedor boirense Juan José Dieste, responsábel do grupo popular deste concello. A cita, celebrada na sede do PP de Ribeira, serviu para que Prado avanzase detalles dos orzamentos para 2020 relacionados coa comarca de Barbanza. Segundo fixo saber, os orzamentos inclúen “investimentos importantes para esta comarca en diversos eidos como o medio ambiente, a sanidade ou as comunicacións viarias”.

No acto, Prado salientou que “tras dez anos de Goberno autonómico do presidente Feijóo, Galicia atópase nun contexto de crecemento e estabilidade, con máis e mellores servizos que no 2009 e con menos presión fiscal”. A fío disto, Prado lembrou “dous destacados investimentos” na nosa contorna: a variante de Ribeira (para a que hai reservados 250.000 euros) e o desdobramento do viario Brión-Noia con outros 250.000 euros.

Outras partidas citadas pola deputada popular foron as correspondentes aos colectores da EDAR de Ribeira (500.000 euros), a reforma do Hospital da Barbanza (593.000 euros), os centros de saúde de Ribeira (dúas actuacións cun valor global de 110.000 euros), o fornecemento de equipamentos para o Xulgado (26.000 euros), a mellora de albergues dos Camiños de Santiago (50.000 euros) ou a optimización do Polígono ribeirense de Xarás (máis de 200.000 euros).

Manuel Ruiz comentou que estas actuacións farán avanzar a vertebración de Barbanza nas súas comunicacións e “deixarán atrás os problemas de saneamento da ría”. Amais, engadiu que “existen outros compromisos en marcha, como por exemplo unha axuda para o novo auditorio de Ribeira, a creación dun Punto de Encontro Familiar ou a remodelación do edificio da UAD”.

Tamén quixo salientar un investimento de 1,4 millóns de euros en educación que “vai permitir a mellora do colexio de Palmeira”.

Pola súa banda, Juan José Dieste lembrou que “durante os dez anos de mandato do PP os investimentos acometidos en Boiro achéganse aos 24 millóns, con intervencións tan destacadas coma os pantaláns de Cabo de Cruz, a reforma do pazo de Goiáns e outras significativas inversións en saneamentos ou nos servizos sociais.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...