Arquivo de Trasnas e Política Lingüística lanzan a primeira edición do Certame de Relatos Rafael Dieste

30 Maio 2022

A iniciativa Arquivo das Trasnas, desenvolvida na rede social Instagram, impulsou a primeira edición do Certame de Relatos Rafael Dieste. Este novo concurso que homenaxea ao sobranceiro escritor de Rianxo (autor, entre outras obras destacadas, do libro de contos Dos arquivos do trasno) e que conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e das editoriais Cuarto de Inverno e Galaxia, xorde dous anos despois do nacemento da dita conta en Instagram, dirixida a difundir a literatura galega nas redes. Por certo que Arquivo de Trasnas tamén está de actualidade porque recentemente fíxose co Premio Follas Novas na categoría de proxecto literario na Internet.

O concurso de relatos xorde como dixemos para homenaxear a un dos grandes autores das letras galegas e cuxa obra inspirou a creación da conta. A convocatoria, que se mantén aberta até o 31 de maio, busca visualizar e reivindicar as letras galegas, especialmente entre a xente moza, e está dirixida tanto a autores e autoras xa consagrados como a novos talentos da nosa literatura que, cos seus relatos, queiran contribuír a impulsar a lingua e cultura galegas.

O escritor rianxeiro Rafael Dieste

O certame, que contará cun xurado conformado por unha persoa en nome do Arquivo das Trasnas, un ou unha estudante do Grao en Lingua e Literatura Galegas e un ou unha lectora, ten tema libre e unha extensión dos textos presentados de entre 15.000 e 20.000 caracteres.

O premio consistirá nun lote de libros –que se conforma grazas á colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da editorial Cuarto de Inverno e de Editorial Galaxia– e mais 150€.

Así mesmo, os textos, que serán inéditos e estarán escritos na normativa da Real Academia Galega, deberán ser enviados ao enderezo oarquivodastrasnas@gmail.com, remitindo un documento (en formato .docx) co texto que se presenta a concurso e o seu lema e un documento en PDF co lema, o nome da persoa participante, o seu enderezo e un teléfono de contacto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.