O proxecto da CEMMA para protexer á candorca a través dunha rede cidadá, finalista en Santander for the Seas

30 Maio 2022

O proxecto da CEMMA (Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños) destinado a protexer as candorcas ibéricas a través dunha rede cidadá de conservación (Friend Ship Orcas) atópase entre os finalistas da nova convocatoria (a segunda) do certame Santander for the Seas, impulsado pola Fundación Banco Santander para avanzar na preservación de mares e océanos mediante o financiamento a iniciativas concretas a prol do medio (entre as que se atopa Friend Ship Orcas, que opta agora a estes importantes apoios xunto con outras dúas propostas).

A candorca ibérica

Segundo lembran dende CEMMA, a candorca (Orcinus orca) é unha especie de depredador mariño apical e cosmopolita. A subpoboación que habita na Península Ibérica está relacionada coas que habitan as augas de Canarias, e ambas están illadas xeneticamente das poboacións que habitan as augas de Noruega e Islandia. Durante a primavera e o verán, esta subpoboación ibérica aliméntase principalmente de atún vermello (Thunnus thynnus) no estreito de Gibraltar.

A CEMMA engade que “estamos a falar dun pequeno núcleo poboacional, formado por menos de 50 exemplares adultos, agrupados en 5 núcleos familiares, que presentan diversas ameazas para a súa conservación, como a interacción coa pesca, a escaseza de recursos alimentarios e unha reducida taxa de natalidade e supervivencia”.

A coordinadora tamén lembra que desde 2020 as candorcas ibéricas están implicadas nun novo comportamento, “totalmente descoñecido para a comunidade científica”, e do que non hai constancia en ningún outro lugar do planeta. Trátase dunha serie de interaccións con barcos, principalmente veleiros, que implicaban contacto físico cos barcos e que derivaron, en determinadas ocasións, en importantes danos nas embarcacións en augas moi próximas á comarca do Barbanza e noutras zonas do litoral galego. Ata finais de 2021 rexistráronse un total de 239 interaccións, “o que preocupa tanto aos mariñeiros como á comunidade científica”, sinalan dende a coordinadora, que denuncia o trato informativo dado por determinados medios, que xerou certa alarma social entre os usuarios do mar (deportes náuticos, pescadores…) e entre a sociedade en xeral, “chegando a repercutir moi negativamente tanto na percepción da especie como na proxección social cara á súa conservación”.

O proxecto

O proxecto da CEMMA que agora opta ao financiamento da Fundación Banco Santader inclúe actividades dirixidas a esta subpoboación de candorcas, que “constitúen un exemplo da loita pola supervivencia e a conservación”, explica a coordinadora, engadindo que “amais de materiais útiles para redes sociais, como páxina web, vídeos, textos e imaxes, contarase co deseño de materiais divulgativos de ampla difusión e uso nos obradoiros que serán levados a cabo para as diferentes idades do público”. Asemade, achegaranse materiais ilustrados polos debuxantes Pepe Carreiro (con Os Bolechas) e Manel Cráneo (da man da detective ambiental Carmela Orzán) ou a revista de naturalistas Salseiro deseñada por Tokio. Este conxunto de materiais será destinado aos obradoiros que serán levados a cabo por toda a xeografía peninsular dende Xibraltar a Hondarribia.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.