Na xornada do xoves, festividade da Ascensión, fortalécese a influencia anticiclónica sobre Galicia. Así, agárdanse ceos pouco nubrados con algún intervalo de nubes altas, e nubes baixas no norte de Lugo nas primeiras e derradeiras horas do día. Bancos de néboa matinais no interior.
As temperaturas ascenderán entre lixeira e moderadamente chegando a cerca dos 30 graos. Os ventos soprarán moderados do norte e nordés, con intervalos fortes entre Ortegal e Fisterra.

O NOSO MAR: Vento do nordés á mañá, do norte á tarde e do norte á noite, forza 3 a 5 á mañá, 5 a 6 á tarde e 4 a 5 á noite. Forte marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e á noite e 1.5 a 2.5 metros á tarde.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 02:02 | 3.3 m |
| Baixamar | 08:20 | 1.0 m |
| Preamar | 14:36 | 3.2 m |
| Baixamar | 20:36 | 1.0 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 01:54 | 3.3 m |
| Baixamar | 08:12 | 1.0 m |
| Preamar | 14:28 | 3.2 m |
| Baixamar | 20:31 | 1.1 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 01:59 | 3.3 m |
| Baixamar | 08:16 | 1.0 m |
| Preamar | 14:33 | 3.2 m |
| Baixamar | 20:35 | 1.0 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)



