Un curso de Protección Civil formará a unha vintena de persoas en Ribeira

18 Outubro 2019

20191018. Unha vintena de alumnos e alumnas comezaron hoxe a súa aprendizaxe nun curso básico de Protección Civil organizado pola Academia Galega de Seguridade Pública no municipio de Ribeira.

Así, o acto de apertura celebrouse esta tarde no Centro Cultural Lustres Rivas, contando coa participación de Víctor Vázquez, xefe do servizo de emerxencias na Coruña da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta; Víctor Reiriz, concelleiro de Seguridade e Mobilidade Cidadá do Concello; José Francisco Parente, presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ribeira; Francisco Sánchez, presidente de honra desta mesma agrupación; e Marcos Fernández, responsable do Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal (GAEM).

Este curso trátase do primeiro que se imparte neste municipio desde o 2016 e conta con alumnado procedente de distintos puntos da comarca e outros territorios coma Padrón, Ames, Mazaricos ou Carnota. Desenvolverase os días 18, 19, 20, 25, 26 e 27 de outubro, constando dunha parte teórica e outra práctica. Deste xeito, abarcará diversas temáticas coma extinción de incendios urbanos e forestais, primeiros auxilios, comunicacións, igualdade ou accidentes de tráfico, entre outros.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.