Xunta e Confradías analizan os detalles sobre as eleccións para elexir os órganos reitores dos pósitos

18 Maio 2022

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou hoxe na xornada informativa celebrada en Santiago de Compostela na que se analizaron os detalles sobre o próximo proceso electoral para a renovación dos órganos reitores das confrarías de pescadores e das súas federacións. Uns comicios que están regulados pola Orde do 29 de abril de 2014 pola que se regulan as eleccións para a renovación dos órganos reitores das confrarías de pescadores de Galicia, das federacións provinciais e da Federación Galega de Confrarías de Pescadores e que, tal e como se expuxo na xornada, serán convocados no último cuadrimestre deste ano. Polo que a elección dos novos membros das xuntas xerais dos 63 pósitos realizarase previsiblemente
cara os meses finais de 2022.
A titular de Mar salientou que estas eleccións constitúen un proceso importante para seguir analizando as problemáticas que están enriba da mesa a través da cogobernanza e o diálogo para chegar a acordos conxuntos e acadar o benestar do sector. Así, Rosa Quintana animou á participación neste proceso e sinalou que con ese obxectivo a Xunta traballa en novas ferramentas dixitais dirixidas ás confrarías de pescadores para dinamizar e facilitar este procedemento. Xunto á conselleira tamén participaron na xornada a secretaria xeral técnica, Silvia Cortiñas, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, asistirá á xornada informativa de renovación de órganos reitores de confrarías de pescadores e das súas federacións destinada ás secretarias e secretarios destas entidades

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.