O Campo da Guía será o primeiro terreo de céspede artificial de España en contar con medidas para evitar microplásticos

18 Maio 2022

Ribeira vai ser obxectivo dunha relevante estudo científico en materia de medio ambiente e deporte, máis concretamente a parroquia de Carreira. Así nolo fixo saber este mércores 18 o Concello, que informou de que o Instituto de Biomecánica de Valencia (dependente da Universitat Politècnica de Valéncia) e a entidade Signus seleccionaron o Campo da Guía, en Carreira, para realizar unha investigación pioneira acerca de como evitar a liberación de microplásticos nos terreos de xogos de céspede artificial.

Este terreo de xogo foi seleccionado por “estar exposto a unha climatoloxía intensa de choiva co obxectivo de facer monitoraxe da efectividade das medidas instaladas dentro do proxecto realizado polas citadas entidades”, sinalou o Concello, engadindo que tales medidas consistiron na instalación dunha serie de filtros no sistema de recollida de auga de choiva e de rego do campo, a instalación dunha barreira ao longo de todo o seu perímetro, así como un sistema de limpeza de botas á entrada e saída do terreo de xogo. A isto, por certo, súmase a colocación nos vestiarios de contedores para concienciar aos xogadores da importancia de recoller as partículas que poidan depositarse nas súas botas e roupa.

O obxectivo ao abordar este estudo é “identificar as fontes liberación de microplásticos deste tipo de superficies”, dado que a Comisión Europea está a estudar unha regulación para limitar o uso de microplásticos engadidos intencionadamente para reducir a súa liberación ao medio ambiente. No punto de mira posíbeis restricións atoparíase o uso do caucho reciclado procedente dos pneumáticos nesta aplicación, dado que as partículas a de este material engadidas ao céspede artificial teñen un tamaño de entre 0,8 e 2,5 mm.

Co coñecemento que achegue o estudo, avalaríase o impacto que tería a regulación, tendo en conta a efectividade das medidas de contención aplicadas no campo do Carreira Club de Fútbol.

Entre os datos que achegou a análise do material recollido está a identificación dunha nova fonte de microplásticos procedentes do propio céspede: partículas de polietileno procedentes do filamento verde, unha posibilidade que ata o de agora non fora tida en conta polos expertos pero que aparece nunha porcentaxe do 18% sobre o total dos microplásticos recollidos grazas ás medidas de contención.

Segundo informa Signus en España xéranse unhas 300.000 toneladas de pneumáticos fóra de uso por ano. Delas, preto de 75.000 toneladas destínanse a recheos de campos de fútbol de céspede artificial.

Outros artigos

Santos Oujo dimite do Ateneo Valle-Inclán

Na tarde deste domingo o presidente do Ateneo de Riveira, Santos Oujo Bello, comunica a súa decisión de dimitir da Asociación. ORDEN DEL DÍA REUNIÓN EXTRAORDINARIA DEL ATENEO DE RIVEIRA. 28/04/24. 20:00 horas en 1ª convocatoria. 20:30 2ª.1.- Lectura y aprobación del...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

A frase non é -que máis quixera!- da miña autoría. Pertence ao escritor monfortino Lois Diéguez, quen na contracuberta da súa obra "As voces amadas" (publicada o ano pasado) dí: "... eu non son así, eu non son un móbil nin máquina ningunha. Rebélate, pois, se tes...

“25 abril medio siglo de historia II”. Manuel Dominguez

“25 abril medio siglo de historia II”. Manuel Dominguez

El sol acaricia suavemente los cristales de la ventana, las cortinas dejan pasar un hermoso rayo de luz, llego la hora. La plaza del comercio, donde se celebrarán los actos conmemorativos, allí haciendo las líneas de un cuadrado el pueblo portugués espera, espera para...