Aguiño celebrou as Letras Galegas con xogos, obradoiros e un concerto literario para a rapazada

17 Maio 2022
Fotos Asociación Francisco Lorenzo Mariño

Sobre unhas 500 personas ao longo da tarde participaron na xornada das Letras Galegas, organizada pola “Asociación Francisco Lorenzo Mariño” de Aguiño.

A axenda, encadrada no Maio Cultural 2022 de Aguiño, incluiu actividades de lecer para a rapazada (inchables, refrescos e flases xeados), accións creativas coa realización de debuxos infantis, no que se fixeron máis de 100 debuxos, e cada neno e nena participante recibiu un agasallo conmemorativo do Día das Letras e unha rifa para un sorteo de varios lotes de libros en galego, 6 lotes en total) e un espectáculo musical a cargo de Truque Matruque (Unha Terra chea!) no que particiaparon unhas 150 persoas. Por certo que Unha Terra chea! é unha función musical que fai un percorrido por poemas de todas as autoras e autores galegos homenaxeados no Día das Letras.

Elvira Pisos, presidenta da asociación e Nucha Brión, concelleira de educación foron as encargadas de repartir os libros ademáis da directiva da Asociación Moncha, Carmen, Rosita, Pepita, Sara e Unai.


Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...