Mércores con nubes e claros e lixeira suba da temperatura

17 Maio 2022

O mércores será un día de transición no que as altas presións irán entrando lentamente en forma de cuña dende o sur dos Azores. Así, teremos unha xornada de ceos con nubes e claros en xeral, con máis nubes ao oeste na primeira metade do día, cando aínda teremos algunha chuvia feble. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente mentres que as máximas experimentarán lixeiros ascensos. O vento soprará pola mañá frouxo de compoñente sur, virando a oeste co avance da tarde.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do sudoeste á mañá, do oeste á tarde e variable á noite, forza 1 a 3. Mar ovellado. Visibilidade mala á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 2 a 2.5 metros á mañá e á tarde e 2 a 3 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar06:163.8 m
Baixamar12:190.5 m
Preamar18:373.9 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar06:083.7 m
Baixamar12:120.6 m
Preamar18:293.8 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar06:123.7 m
Baixamar12:160.5 m
Preamar18:333.8 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Mércores 28, xornada de tempo seco e máximas en ascenso

A metade oeste concentrará a maior parte da nubosidade, mentres que os termómetros gañarán graos durante as horas centrais do día. A comunidade galega vivirá este mércores unha xornada marcada polo tempo seco e un ascenso moderado das temperaturas máximas, como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.