“Covid22”. Xulio Xiz

17 Maio 2022

Estes días eu debería estar disfrutando da viaxe por Sicilia que por fin puido organizar a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago, despois de dous anos de agardar. No canto diso, permanezo atrincheirado en Lugo, levando un extraño pasaxeiro, temido intruso que á forza de insistir, reducido seica a gripe extraña, vai chegar a afectarnos a todos.

Que o virus se manifestara o día antes de partir provoume un importante conflito: Agora que nin che dan a baixa do traballo por este motivo, é lícito viaxar co risco de contaxiar a persoas que poden ter menores defensas ca min, e ocasionarlles un mal maior ca o que eu teño?. Porque o que ao mellor para min é un mal levadeiro, a outros pode provocarlles algo máis grave. E quedeime.

Como agora viaxar portando o Covid seica non é un problema, non funciona o seguro e non recuperarei o custo da viaxe, pero coido que a tranquilidade de pasar en soedade este pequeño calvario eme moito máis valiosa que viaxar coa inquedanza de ser unha bomba de reloxería.

O que en principio foi Covid19 polo ano de aparición, entendo que debe ir cambiando de nome, e agardo que o de Covid22 sexa o derradeiro, e nos deixe vivir unha vida máis tranquila, aínda que xa nunca será igual ca a anterior. Para acreditar que este íncubo señoreaba o meu interior, e obter un resultado inmediato, acudín á medicina privada, a pé, como a miña situación recomenda, pero fixéronme volver á casa polo coche – non me aceptaron como peatón, e tiven que andar un kilómetro máis -, paguei relixiosamente, e funme para a casa bendecindo mentalmente a sanidade pública, aínda que non sexa tan rápida en dar o resultado.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.