A Policía da Pobra mostra o seu labor ante os escolares

13 Maio 2022

O corpo da Policía Local da Pobra do Caramiñal iniciou esta semana unha serie de actividades, con formato de visitas, destinadas a achegar o seu día a día a escolares da Educación Infantil do municipio, ao tempo que se lles proporcionan conceptos básicos e útiles sobre seguridade na rúa. As visitas xa se efectuaron nas unitarias do Vilariño e A Angustia, e proseguirán nas vindeiras semanas na unitaria da Granxa, no Monte Carmelo e na E.E.I. Fernández Varela.

O concelleiro da Seguridade, José Andrés Lojo (Nós Pobra), e o xefe do corpo, José Manuel Cameán, relatan que no transcurso destas actividades se lle explica á rapazada en que consiste o labor dos e das axentes, ademais de lles ofrecer nocións básicas sobre seguridade viaria coma, por exemplo, como recoñecer os pasos peonís, o tránsito nas beirarúas, estar con precaución na contorna dos centros educativos á hora de entrada e saída polos vehículos etcétera; todo isto, con material de soporte cedido pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT), con vídeos, diapositivas e láminas para colorear coas cales sigan aprendendo mentres se divirten.

Ademais, tiveron a oportunidade de subiren a algún dos vehículos e coñecer os recursos cos cales se conta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.