Un dos premios do certame Pilabot vai dar ao CEIP de Outes

12 Maio 2022

A Consellería de Medio Ambiente, Ecopilas, ERP e Ecolec deron a coñecer os centros educativos gañadores do Concurso Pilabot de recollida de pilas. O Colexio Santiago Apóstol de Narón e o CRA Amencer de Ribadavia convertéronse nos gañadores da terceira edición do certame. Por certo que un dos recoñecementos irá dar ao CEIP Plurilingüe de Outes.

Na terceira edición do concurso participaron durante 6 semanas uns 36.000 alumnos dun total de 150 centros de educación Primaria e Secundaria de toda Galicia. Este ano pechou coa recollida de 53.868 quilogramos pilas, acumuladores e baterías usadas, un dos residuos máis contaminantes que se xeran nos fogares, polo que por segundo ano consecutivo superouse a barreira das 50 toneladas.

Deste total, o CPR Santiago Apóstol de Narón levou o primeiro posto en termos absolutos, ao recoller case 5 toneladas de pilas na súas instalacións —en concreto, 4.749,70 kg—. Pola súa banda, gañador desta categoría o pasado ano, o CEIP Plurilingüe As Solanas-Nicolás Gutiérrez Campo da Guarda, foi segundo, grazas aos 3.287,85 kg recollidos.

Curiosamente, outro centro de Narón, o CEIP de Piñeiros, acabou terceiro, con 2.534,85 kg recollidos, mentres o cuarto posto foi para o CEIP da Cruz de Nigrán, con 2.421 kg.

Respecto da segunda categoría do concurso, que ten por obxectivo destacar o traballo dos centros coas mellores ratios de recollida por alumno, o gañador volveu ser por terceiro ano consecutivo o Centro Rural Agrupado (CRA) Amencer de Ribadavia, con 62,80 kg por estudante, e de novo o segundo premio foi para o CEIP de Caión, da Laracha, cunha media de 49,36 kg por alumno, 3 máis que na anterior edición.

Os catro centros recibirán un premio económico que deberán destinar á compra de material escolar ou deportivo. Concretamente, os primeiros premios de ambas categorías están dotados con 2.500 euros cada un, mentres que os centros que quedaron en segunda posición levarán como recompensa 1.250 euros.

Unha das novidades da terceira edición foi o novo formato do concurso artístico #EuSonPilabot, dirixido á totalidade do alumnado dos centros participantes. O xurado tamén acaba de fallar esta proba, na que resultaron gañadoras cinco rapazas, unha por categoría, tras presentar unha obra artística en formato imaxe (debuxo, fotografía, mosaico, etc.) inspirada na reciclaxe das pilas e orientada aos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel 2030 da ONU.

As alumnas premiadas cunha tableta son Lucía González Baz, de 2º de Primaria do CEIP As Solanas (A Guarda); Gabriela Lourido Lago, de 4º de Primaria do CEIP Plurilingüe de Outes; Candela García Rodríguez, de 6º de Primaria do CPI O Toural (Vilaboa); Noa Crespo Sayar, de 1º de Secundaria do IES Carlos Casares (Vigo); e Shiva Eliska Alinda Nurhakim, de 3º de Secundaria do IES Perdouro (Burela).

O traballo da estudante de Outes Gabriela Lourido

Outros artigos

O BNG presenta en Noia as súas candidaturas municipais para 2027

O BNG da comarca da ría de Muros e Noia dará este domingo, 20 de setembro, o primeiro paso dun novo curso político coa mirada posta nas eleccións municipais de 2027, coa presentación das persoas que encabezarán as candidaturas nacionalistas nos concellos de Lousame,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.