A Pobra impartirá dous cursos relativos á aplicación de produtos fitosanitarios

11 Maio 2022


A Concellaría do Desenvolvemento Local da Pobra do Caramiñal pon en marcha un novo itinerario formativo como mecanismo facilitador de cualificación laboral, así como de ferramentas para a adquisición de novas competencias que poidan redundar nunha mellora da empregabilidade no sector primario.
Nesta ocasión, focalizarase no eido fitosanitario e constará de dúas accións de balde solicitadas á Consellería do Medio Rural e que se desenvolverán na aula de estudo situada na planta superior da biblioteca municipal. Ámbolos módulos ofértanse de maneira conxunta e disponse dun límite de 20 prazas.


A concelleira do Desenvolvemento Local, Amparo Cerecedo (BNG), explicou que están destinados a todo o mundo en xeral, tanto a aquelas persoas que se dediquen ao mundo do agro coma a aquelas outras con inquedanzas nesta materia, pois “cremos na soberanía alimentaria e que o sector agrario é importantísimo no ámbito económico e onde se pode inserir laboralmente moita xente.” Manifestou, así mesmo, que esta formación se encamiña a unha agricultura baseada nunha perspectiva ecolóxica.
Respecto a isto último, a orientadora laboral do Concello, Blanca Álvarez, engadiu que “permite a obtención das competencias básicas para o manexo de produtos fitosanitarios imprescindibles para o control dos praguicidas, sempre cun uso sustentable e de xeito agroecolóxico.”
Do 13 ao 17 de xuño impartirase o nivel básico do curso de aplicador/a manipulador/a de produtos fitosanitarios. Transcorrerá en horario de 09.00 a 14.00 horas. No día 20 procederase co exame, o cal se traducirá, unha vez superado, no outorgamento do carné.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.