Lousame licita por máis de 95.000 euros a mellora do firme do viario de Sanguiñal a Tállara

10 Maio 2022

O Concello de Lousame vén de sacar a licitación por 95.406,32 euros as obras de reforzo do firme no viario de Sanguiñal a Tállara. Este proxecto, en palabras do Goberno local, permitirá reforzar o firme nunha lonxitude de case 1 km, entre as interseccións das estradas DP-1104 e DP-1105. Ao abeiro destes traballos dotarase a toda a estrada dun firme homoxéneo e adaptado ás características reais do tráfico que soporta. A actuación será financiada integramente con cargo ao convenio de colaboración asinado o pasado mes de xaneiro pola alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez.

Nun plano máis concreto, as obras consistirán no saneo dos puntos máis deteriorados da estrada e vertedura dunha primeira capa de mestura bituminosa para regularizar o firme. Logo estenderase unha nova capa de rodadura de 4 centímetros sobre toda a estrada. As obras inclúen tamén a adaptación dos pozos de rexistro e das arquetas existentes á nova rasante, así como a reposición completa das marcas viarias e coa novidade da instalación dunhas bandas sonoras para a redución da velocidade. Unhas actuacións que teñen un prazo máximo de execución dun mes.

O prazo de presentación de ofertas estará aberto ata as 23:59 horas do 23 de maio. A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, explica que “a nosa previsión inicial era poder executar as obras antes de que remate o verán e os prazos estanse a cumprir, polo que agradecemos esta nova colaboración da Xunta de Galicia na mellora dunha das principais vías de comunicación deste concello”.

Antecedentes

Esta actuación dá continuidade á mellora acometida no ano 2019, data na que se reforzou o firme do primeiro treito estrada municipal que conecta Portobravo e Tállara. Daquela actuouse en máis de 5 quilómetro dotando de nova capa de rodadura o viario municipal entre Portobravo e Sanguiñal, e supuxo un investimento autonómico de 450.000 euros. Agora, informa o Concello, resta o quilómetro comprendido entre Sanguiñal e Tállara, cun orzamento de 95.406,32 euros.

A estrada entre Portobravo e Tállara construíuse grazas a un convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Lousame asinado en novembro de 2009 por un importe total de 878.000 euros. O Concello lembra que a capacidade orzamentaria da Xunta non permitiu acadar o investimento inicialmente previsto, polo “que foi preciso adaptar a obra aos cartos dispoñíbeis, estendéndose unha única capa de aglomerado de 5 centímetros de espesor durante a execución das obras (anos 2010 e 2011)”.

Con data de xaneiro de 2019, a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Lousame asinan un novo convenio para dotar a esta estrada dunha nova capa de rodadura e aumentar o seu firme ata acadar os criterios inicialmente contemplados no acordo de dez anos antes. O deterioro sufrido pola estrada fixo que esta actuación tivera que dividirse en dúas partes: a primeira executada no ano 2019 (Portobravo-Sanguiñal) e a segunda que se fará no verán de 2022.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.