Na Pobra, 15 persoas participan xa no curso de operacións básicas en cafetaría

10 Maio 2022

Este luns 9 de maio (e até o vindeiro día 26) comezou na Pobra o curso municipal de operacións básicas en cafetaría e bar posto en marcha pola Concellaría do Desenvolvemento Local da Pobra do Caramiñal. A actividade, que se celebra nun coñecido establecemento local, é froito de conversas mantidas co sector da restauración.

Nesta acción formativa participa un total de 15 persoas que foron recibidas pola edil Amparo Cerecedo (BNG).

A finalidade deste curso é crear un novo mecanismo de cualificación laboral que redunde nunha mellora da formación e da empregabilidade. A materia divídese en dúas partes: unha específica de camareiro/a e outra de manipulación de alimentos. Ademais, existe un compromiso de contratación, polo cal 5 das persoas asistentes comezarán a traballar unha vez finalizada a formación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.