O BNG reclama dotar á Barbanza dunha ambulancia medicalizada

09 Maio 2022

Segundo o BNG os recursos sanitarios existentes na comarca da Barbanza non permiten a atención de patoloxías graves nin, en moitos casos, prestar asistencia médica in situ a doentes de extrema gravidade, nin asistilos con persoal facultativo e de enfermería durante os traslados a un centro hospitalario, ao non contar con ambulancia de soporte vital avanzado nin ter UCI o Hospital da Barbanza.

Na atención das patoloxías de gravidade, o tempo é un factor esencial, polo cal non é entendíbel que esta comarca, cunha importante actividade económica con potencial risco, como é o traballo no mar e unha importante actividade industrial, non teña un hospital con UCI e non conte con ningunha ambulancia de soporte vital avanzado, é dicir, dotada cun equipo humano especializado, con persoal facultativo e de enfermería e coa dotación de equipos necesarios para atender emerxencias de gravidade.

Foron estes, segundo a formación nacionalistas, os motivos que no ano 2019 levaron a máis de 4.500 persoas e a diversos colectivos e entidades da comarca a asinar unha petición para conseguir que o hospital comarcal conte cunha ambulancia medicalizada do 061.

Sobran as razóns que xustifican a necesidade dunha ambulancia de soporte vital avanzado para a comarca da Barbanza e por iso o BNG, que considera imprescindíbel esta dotación para non seguir a poñer en risco a saúde e a vida dos veciños e veciñas da zona, vén demandándoa mediante emendas presentadas aos orzamentos da Xunta nos últimos anos, ou solicitando a súa inclusión nos concursos para a adxudicación do servizo de transporte sanitario urxente terrestre realizados por parte da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galiza-061, dependente do SERGAS, demandas que ata o de agora non foron tidas en consideración.

Por todo o exposto, o Grupo Parlamentar do BNG presenta a seguinte proposición non de lei para debate en Pleno:

“O Parlamento de Galiza insta o goberno galego a que leve a cabo as actuacións necesarias para dotar á comarca da Barbanza dun servizo permanente de ambulancia de soporte vital avanzado, é dicir, dotada permanentemente cun equipo humano composto por persoal facultativo e de enfermería, especializado na atención sanitaria en situacións de emerxencia e dous técnicos en transporte sanitario urxente.”

Concelleiras do BNG, Cruz Rivadulla, Raquel Suárez, a deputada Rosana Pérez e o veciño Quin Riveiro.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.